Xabaril con castañas
Servings 1 persona
Ingredients
- 5 g Aceite de oliva
- 5 g Allo
- 50 g Castaña
- 50 g Cebola
- 6 g Fariña
- 140 g Xabaril
- 0.5 g Loureiro
- 20 g Touciño entrefebrado
- 0.5 g Pementa negra
- 0.5 g Romeu
- 0.5 g Sal
- 0.5 g Tomiño
- 20 g Vinagre
- 30 g Viño tinto
- 30 g Cenoria
Instructions
- Adobamos o xabaril, previamente torado, durante polo menos un día nunha mestura de pementa de Caiena e pementa negra, herbas, loureiro, allos e viño tinto. Douramos o xabaril. Unha vez que tome algo de cor poñémolo nunha cazola, salpimentámolo, refogarémolo con touciño entrefebrado, cebola e vertemos, ademais, parte do adobo anterior para potenciar o sabor. Cocemos a lume lento durante case 2 h. As castañas que engadiremos ao guiso media hora antes do seu punto óptimo, serán castañas peladas e asadas ao forno previamente. Recoméndase, antes de asar, mantelas en remollo durante algunhas horas.
Notes
Na actualidade, o aprecio pola carne deste animal vai en aumento. O xabaril acompañado de castañas cocidas forma unha excelente combinación xa que o xabaril ten un sabor bastante forte e contrasta co das castañas que é máis suave. A castaña cocida ten un sabor especial, é doce. É un froito seco moi próximo ao cereal pola súa composición e baixo en calorías. Engaden un toque alimenticio que confiren a este estufado o cualificativo de prato moi equilibrado. O estufado de xabaril non está aconsellado para persoas enfermas de gota nin con afeccións hepáticas ou renais. Tampouco para aquelas persoas cuxas dietas non conteñan proteínas.