Print

Xabaril guisado estilo Viana do Bolo

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 5 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 60 g Arroz
  • 50 g Cebola
  • 140 g Xabaril
  • 2 g Manteiga
  • 0.5 g Ourego
  • 0.5 g Perexil
  • 0.5 g Sal
  • 20 g Viño branco
  • 10 g Viño doce
  • 30 g Cenoria

Instructions

  • Para que quede saboroso é moi importante adobar a peza de carne polo menos 12 h antes de cociñalo para que macere durante todo ese tempo e penetre ben o sabor. Para o adobo é necesario machucar nun morteiro un bo chorro de aceite, viño, allo moi picado, perexil e ourego fresco, e un chisco de sal. O seguinte paso é selar a peza de carne nunha pota ao lume cun pouco de aceite. A continuación, engadir o viño branco, xenerosamente, e deixar cocer a lume suave durante bastante tempo. Para darlle un sabor especial pódese engadir tamén un chorro de viño doce. O acompañamento ideal para o xabaril son as patacas cociñadas ao gusto.

Notes

Esta receita prepárase, como o seu propio nome indica, na bisbarra de Viana do Bolo, situada na zona oriental da provincia de Ourense. A mellor época para preparar este prato é de mediados de outono a finais de inverno, posto que é a tempada de caza do xabaril silvestre. A carne de xabaril caracterízase pola súa dureza e pola súa cor vermella intensa. Trátase dunha carne magra e con gran contido proteico. Destaca o seu elevado contido en ácido oleico que aumenta o chamado colesterol bo (HDL) e reduce o colesterol malo (LDL) en sangue, reducindo así o risco de padecer enfermidades cardiovasculares. Contén case todas as vitaminas, entre as que destacan as vitaminas do grupo B e, en especial a vitamina B3, a vitamina B12 e o folato ou vitamina B9. Estas vitaminas posúen accións antianémicas que regulan o metabolismo e teñen unha acción protectora cardiovascular.