Print

Xarda ó forno con verduras

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g xarda
  • 50 g cabaciño
  • 1 grande (120g) pataca
  • 1/4 (30 g) pemento vermello
  • 1/4 (30 g) cebola
  • 1/2 (30 g) cenoria
  • 20 g porro
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar a xarda e fileteala. Lavar e cortar as verduras en tiras. Refogar as verduras en aceite e poñer nunha placa de forno a 180ºC durante aproximadamente 10 minutos. Dourar os filetes de xarda na prancha, volta e volta, e colocar sobre as verduras. Introducir no forno 5 minutos e servir.

Notes

Vantaxes:
A xarda é un peixe azul, e como tal é fonte moi importante de ácidos graxos omega-3. Estes ácidos axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular.
Este peixe contén proteínas de gran valor biolóxico, vitaminas do grupo B (pero en menor proporción que noutros alimentos), e debido ó seu contido en graxa, presenta excelentes niveis de vitaminas liposolubles (A, D, E). En canto ós minerais destacan o potasio, fósforo, iodo, magnesio, ademais do ferro (aínda que en menor medida que nas carnes).
Inconvenientes:
O inconveniente da xarda é o seu contido en purinas, que o organismo transforma en ácido úrico, polo que se desaconsella en caso de hiperuricemia ou gota.