Print

Xoubiñas fritidas

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 10 g Fariña
  • 0.5 g Sal
  • 100 g Xouba

Instructions

  • Escámanse as xoubiñas e extraemos a tripa. Sálganse e rebózanse en fariña. Frítense en aceite moi quente, colocándoas, na tixola, de forma que a cabeza dunhas coincidan coa cola das doutras. Cando están douradas por un lado, dáselles a volta coa axuda dunha tapadeira, coma se fose unha tortilla, e déixanse dourar moi ben polo outro lado. Sérvense moi quentes.

Notes

A mellor época para consumir as sardiñas é o verán. É cando máis abundan e mellor é o seu sabor xa que acumulan máis graxa e isto fai que o seu aroma se acentúe. A sardiña é un peixe graxo e está dentro do grupo dos peixes azuis. Debido ao seu contido en purinas non están recomendadas para persoas que sofren gota. Teñen un alto contido de proteínas, polo que están aconselladas para a poboación infantil, adolescente e mulleres embarazadas xa que necesitan unha maior necesidade de proteínas. Deben ter especial coidado as persoas que seguen dietas de adelgazamento, neste caso prepáranse fritas e non se deben de consumir de forma habitual.