Print

Xoubiñas guisadas con salsa de tomate

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 4 g Allo
  • 1 g Alfabaca
  • 5 g Brandy
  • 37 g Cebola
  • 0.5 g Sal
  • 60 g Tomate
  • 100 g Xouba

Instructions

  • Facer un rustrido con allo, cebola e tomate moi maduro e pelado. Picar estes ingredientes miudiños e darlle ao rustrido un toque cun chorriño de brandy. Despois, guisar a lume lento as xoubas nunha cazola de barro e, cando estean listas, dispoñer o rustrido anterior no fondo.

Notes

É moi típico en Galicia preparar estes pequenos exemplares da sardiña guisados. É un peixe azul que se coñece e pesca desde a antigüidade. Presenta un alto contido en auga, proteínas e graxas insaturadas. Estas últimas conteñen ácidos graxos omega 3, con propiedades cardiosaudables. Teñen un alto contido en vitaminas A, B, D e K, e son ricas en minerais como sodio, fósforo, calcio, magnesio e ferro. O tomate contén un lixeiro sabor doce, idóneo para acompañar as sardiñas. Ademais ten vitamina C, un antioxidante e posúe poucas calorías, dado o seu elevado contido en auga. Contén fibra para mellorar o tránsito intestinal e apenas contén sodio polo que é idóneo para persoas hipertensas.