Xurelo á prancha con patacas e pementos
Ingredients
- 150 g xurelo
- 1 (100g) pataca
- 10 g cebola
- 10 g pemento verde
- 10 g pemento vermello
- 15 g tomate
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- sal ao gusto
- perexil
- loureiro
Instructions
- Cocer as patacas en rebandas acompañadas dos pementos, cebola, tomate (cortado todo en xuliana), sal e loureiro. Limpar os xurelos e filetear. Marcar na prancha. Colocar enriba das patacas e verduras escorridas.
Notes
Vantaxes:
O xurelo clasifícase como peixe azul debido ó seu contido en lípidos. Na súa composición destacan minerais como ferro, iodo e magnesio, e vitamina D, que intervén na absorción e utilización de calcio e fósforo, e cobalamina, que participa na maduración dos glóbulos vermellos e favorece a absorción de ferro.
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite, ademais é aconsellable o seu consumo, debido á súa acción diurética e depuradora.