Print

Xurelo con loureiro

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 5 g Aceite de oliva
  • 10 g Allo
  • 140 g Xurelo
  • 1 g Loureiro
  • 100 g Pataca
  • 1 g Pementa branca
  • 0.5 g Sal
  • 1 g Tomiño

Instructions

  • Para preparar esta receita elaboraranse catro compartimentos con papel de aluminio ou papel untado de graxa, en cada un deles colocarase cada xurelo, se pode ser coas espiñas eliminadas e cortados en filetes. Incorporarase a cada xurelo unha folla de loureiro, un dente de allo, un chisco de pementa, sal e unha rama de tomiño e, finalmente, engadiráselle un pouco de aceite a cada compartimento e introducirase no forno xa prequentado a lume medio-alto durante 20 min.

Notes

O xurelo é un peixe azul. É rico en graxas e estas conteñen ácidos graxos omega 3 que axudan a reducir o nivel de colesterol e previr enfermidades cardiovasculares. Destaca o seu contido en vitamina D para fortalecer a pel e os ósos, o sistema inmunitario e axuda, ademais, a previr certos tipos de cancro. Tamén contén vitamina B6, que fai que este alimento sexa moi recomendable en casos de diabete, depresión, asma e, ademais, axuda a previr enfermidades cardíacas.