Zamburiñas á mariñeira
Servings 1 persona
Ingredients
- 10 g Aceite de oliva
- 1 g Allo
- 73 g Cebola
- 5 g Fariña
- 0.5 g Loureiro
- 0.5 g Pemento doce
- 0.5 g Sal
- 20 g Viño branco
- 87.5 g Zamburiña
Instructions
- Nunha tixola, facemos un rustrido con cebola, allo machucado, loureiro, pemento, fariña e viño branco. Por último, engadimos as zamburiñas previamente lavadas, o sal e un chorro de auga. Unha vez que abran as zamburiñas e que a salsa teña unha textura máis espesa, xa están listas para servir.
Notes
As zamburiñas presentan un baixo nivel de graxas, calorías e colesterol e unha boa cantidade de proteínas. Teñen tamén unha importante cantidade de vitamina A que é necesaria para o crecemento dos ósos e fundamental para a visión. Entre os seus minerais destacan o ferro, o fósforo, o sodio, o cinc e o iodo.