Print

Zanco de polo ao forno

Course Segundo prato

Ingredients

  • 175 g zanco polo
  • 1/2 vaso (100 mL) caldo carne
  • 50 g puré pataca
  • 50 mL leite desnatado
  • 25 g cebola
  • 20 mL viño branco
  • 1 dente (5g) allo
  • pementa branca
  • sal ao gusto
  • maicena

Instructions

  • Colocar os zancos de polo nunha placa de forno e salpementar. Engadir a cebola en dados e o allo, e introducir no forno. Asar ata que se douren os anacos, regando con viño. Sacar os zancos da placa e aproveitar o mollo mesturándoo con caldo de carne. Ferver e espesar a salsa con maicena. Acompañar con puré de pataca e salsear.

Notes

Vantaxes:
A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou ácido fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.